Friday 22 de November de 2024

Unanimidade na moción do BNG en defen​s​​​​​a da sanidade pública


A presión veciñal fai que o PP local contradiga ao seu grupo parlamentario

O salón de plenos de Ribeira quedou pequeno para acoller a tantas veciñas e veciños de Palmeira, que acudiron para ver o debate da moción presentada polo BNG coa que se pretende garantir a atención sanitaria de calidade e demandar da Xunta que cubra todas as baixas e vacantes do persoal médico que hai nos centros de saúde do municipio.

Os nacionalistas argumentaron que a situación da Atención Primaria no concello empeora a pasos axigantados por mor da precariedade laboral que padece o persoal sanitario por mor dos recortes aplicados polo Goberno galego e cualificou de “insostíbel” a situación no caso concreto de Palmeira. Segundo detallaron, malia que o centro debe atender máis de 1.100 pacientes​, non se cobre a baixa do médico a tempo completo e só mandan ​​profesionais médicos despois da súa xornada laboral desde Silleda ou desde Noia para cubrir a baixa do único médico que ten o centro palmeirense. “Que calidade asistencial poden ter os doentes se os atende un profesional esgotado e que ​n​unhas poucas horas ​debe atender a toda a poboación?”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, ​tamén detallou o que acontece ​co centro de saúde de Ribeira, cun cupo de máis de 20.000 persoas, a día de hoxe​ faltan 6 facultativos e facultativas se contamos coas libranzas por facer horas de garda no Punto de Atención Continuada (PAC) por​que o Sergas non cobre as ​baixas e​ as​ vacacións​ do persoal​.​

​”​Os centros sanitarios de Palmeira e Ribeira son​ o​ exemplo de como os recortes e a precariedade deterioran o sistema público de saúde​” aseverou Barral, quen lamentou que as listaxes de agarda para acudir a unha cita médica ​ou para receitas vaia a máis e a atención ​sexa de peor calidade.

A​ presión social forza ao PP ribeirense a contradicir ao seu grupo parlamentario​

​Desde o BNG mostran a súa satisfacción porque “a grande mobilización social que está habendo para defender a Sanidade pública, está provocando mudanzas, pois obrigou ao goberno local e ao rexedor, Manuel Ruiz, a ter que defender os intereses da veciñanza ribeirense​s por riba dos intereses do PP, algo que até o de agora nunca demostrou”​. Pérez Barral instou ao goberno ribeirense a se poñer a carón da veciñanza para esixir solucións que permitan cubrir as baixas, as vacantes do persoal nos centros de saúde e se poña fin á precariedade laboral así como a sobrecarga que o Sergas obriga aos seus profesionais. “Non imos consentir que deterioren o sistema público de saúde, ​seguiremos traballa​ndo​ a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un​ha atención sanitari​a​ ​de calidade e con persoal suficiente” ​concluíu Barral.