Friday 22 de November de 2024

Jasson Bross presentará en Camelle o seu libro ‘Lo que me convirtió en Mago’ o vindeiro 5 de agosto


• Terá lugar no Museo MAN ás 19:00 horas.

Jasson Bross presentará en Camelle o seu libro ‘Lo que me convirtió en Mago’ o vindeiro 5 de agosto no Museo MAN ás 19:00 horas, nun acto aberto ó público.

Nado no 1988, fillo de María Dolores Carracedo e neto do ilustre Ezequiel do ‘Piollo’, está moi vencellado a esta parroquia camariñana, de onde é parte da súa familia.

‘Lo que me convirtió en Mago’ é unha obra de ficción contemporánea que, ademais de pola súa orixinal proposta narrativa, destaca polo dominio da prosa que, sin ser vulgar, é amable e áxil, pero tamén explícita e crúa. Con diálogos ben construidos e cunha explítica descrición tanto dos distintos espazos como das súas personaxes, a obra non deixa indiferente os seus lectores e lectoras.

Ademais de coñecementos refutados e moi necesarios nestes tempos, a novela relata viaxes por diferentes contienntes, historias de amor e formas diversas de comprendelo; maxia e capacidades humanas cada vez máis ausentes na sociedade actual.