Saturday 16 de November de 2024

A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de contratación administrativa no sector público


O curso está destinado para o persoal da Administración Local de Galicia na modalidade mixta(20 horas presenciais e 90 online)

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración ca Deputación Provincial de Ourense, ven de convocar un curso de contratación administrativa no sector público para persoal da Administración local de Galicia.
Os obxectivos do curso son coñecer a sistemática da Lei de contratos do sector público, delimitando o ámbito subxectivo e obxectivo da lei; comprender todos os aspectos procedementais, desde a preparación do contrato ata a extinción deste, prestando especial atención aos requisitos que deben concorrer nas dúas partes dun contrato administrativo; actualizar os coñecementos dos participantes relacionados coa solvencia e a clasificación contractual; instruír os participantes no procedemento a través do cal se xera o expediente de contratación e estudo dos documentos básicos que o integran.
Ademais de comprender os procedementos de selección do contratista por parte da administración e identificar as singularidades en materia de execución respecto á contratación administrativa; instruír os participantes no réxime de revisión de prezos en contratación administrativa; o estudo tanto das formas en que se produce a extinción dos contratos, coma das causas de nulabilidade e anulabilidade dos contratos; e identificar as peculiaridades dos contratos administrativos de obra, subministración e servizos.
O desenvolvemento do curso será na modalidade mixta, cunha duración de 110 horas, das cales 20 serán presenciais e 90 en liña. As sesións presenciais terán lugar os vindeiros 7, 14, 21, 28 de outubro; 4, 18, 25 de novembro e 2, 9, 16 de decembro de 2015, en horario de 17-19 horas nas aulas de formación da Deputación Provincial de Ourense
O prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro 21 de setembro, e as solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula