Saturday 16 de November de 2024

Éxito de participación na 14ª edición do Campus de Fútbol do concello


Contou con máis de 120 nenos.

As actividades culturais e deportivas de verán que organiza o Concello da Laracha están a ter unha excelente acollida desde que comezou a desenvolverse o programa a primeiros de xullo.
A proposta que ata o momento contou cun maior número de participantes é o campus de fútbol, que neste ano alcanzou a súa décimo cuarta edición e contou con máis de 120 nenos.
Para poder establecer os grupos de idade, a actividade, que comezou o pasado luns e rematou onte venres, levouse a cabo de xeito simultáneo en dous campos: Municipal da Laracha (nenos de 5 a 11 anos de idade) e A Porta Santa de Paiosaco (12 a 15 anos).

O Concelloa asumiu integramente os gastos da actividade, polo que a inscrición foi gratuíta para os asistentes. Todos eles realizaron, baixo a supervisión de técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios lúdico-deportivos sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, puideron mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas.

No último día do campus, os dous grupos recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.