O concelleiro Gonzalo Muíños e Juan Manuel Humanes durante a presentación dos Fogos do Apóstolo deste ano
O concelleiro Gonzalo Muíños e Juan Manuel Humanes durante a presentación dos Fogos do Apóstolo deste ano
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou hoxe o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por terceiro ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións co fin de evitar aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago.
Un ano máis, o lanzamento dos fogos da noite do 24 de xullo farase desde cinco localizacións distintas: parque Eugenio Granell, parque Carlomagno-Fontiñas, Santa Susana-Alameda, As Cancelas e Monte Gaias-Cidade da Cultura de Galicia. Desde cada un destes puntos utilizaránse, segundo explicou Juan Manuel Humanes, máis de 500 quilos de NEC (Neto Explosivo Contido), é dicir, a cantidade de explosivo que veremos cando exploten, o que vén resultar unha cifra total de 2.500 quilos. Serán dun calibre máximo de 125 milimetros, o que permitirá unha elevación de entre 160 e 180 metros. Trátase dun “espectáculo moi especial e único en España, feito a medida para a ocasión” e que “non terá nada que ver co do ano pasado, será algo sorprendente”.
O concelleiro Gonzalo Muíños mostrouse confiado en que “se repita o éxito do ano pasado” e recordou que a seguridade estará perfectamente garantida coa “presenza dun retén de bombeiros en cada un dos cinco puntos de lanzamento, reforzado por dous máis no Pedroso e na Cidade da Cultura. A maiores contaremos coa colaboración de Protección Civil de Santiago e dos concellos limítrofe”.
Os fogos do día 31 de xullo lanzaránse desde un único punto: o Monte Gaiás-Cidade da Cultura de Galicia. Neste caso, o total NEC superará os 1500 quilos cun calibre máximo de 150 milímetros. Tanto este espectáculo, como o do día 24, “terán unha duración de 15 minutos, e serán completamente diferentes”, explicou Juan Manuel Humanes.
A empresa Ricardo Caballer (RICASA) resultou adxudicataria do contrato de “Deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2022 do Concello de Santiago de Compostela”, por un importante total, IVE engadido, de 268.620 euros. Polo tanto, encarganse da proposta técnico-artística, a producción, a realización e a execución dos espectáculos pirotécnicos; e tamén da subministración do material necesario, avalado e catalogado pola Unión Europeo, e fabricado con materiais biodegradables e sen a presenza de percloratos.
Tamén corren a cargo da empresa os traballos de transporte, montaxe e retirada do material necesario, a provisión do material e da maquinaria necesaria para a montaxe e instalación dos fogos, a vixiancia e seguridade de todo o proceso, e a limpeza de todos os restos producidos polo disparo dos artefactos pirotécnicos, entre outros servizos.
Pirotecnia Ricardo Caballer é unha empresa valenciana, fundada en 1881, que ao longo da súa traxectoria leva acadados numerosos premios. Entre eles o premio Júpiter de Ouro da 32 edición do festival “L’international des Feux Loto-Québec”, que se celebra en Montreal (Canadá), o galardón máis importante do sector da pirotecnia a nivel mundial.