Friday 22 de November de 2024

Intervención do Speis por un incencio forestal en Sedes


Os bombeiros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón saíron hoxe trala alerta dun incendio rexistrado na parroquia de Sedes. Os veciños da zona alertaron sobre a existencia de lume sobre as 12.30 horas e os profesionais do Speis achegáronse e localizaron o foco do lume nunha zona que xa ardera a semana pasada, na estrada de Santa Mariña do Monte, subindo pola zona de Lagoela, na parroquia de Sedes.

Ás 13.30 horas os bombeiros do Speis remataron a intervención, quedando na zona brigadas de Medio Rural refrescando a zona afectada.

Segundo as estimacións realizadas na zona, arderon unhas 0,06 hectáreas de zona arbolada.