Friday 22 de November de 2024

Concentración en Miño para reivindicar mellores condicións no transporte público por estrada


• Máis de 120 persoas acudiron na tarde do mércores a unha concentración para solicitar a reposición de frecuencias e horarios na liña do transporte público.

Os exteriores da casa do concello do Concello de Miño foron escenario a tarde do mércores dunha concentración para demandar á Xunta de Galicia a reposición das frecuencias e horarios nas liñas de transporte público.

A concentración, convocada simultaneamente nos Concellos da Capela, Monfero, Neda, Cabanas, Pontedeume, Narón, Ferrol, Fene, As Pontes, Ares e Miño, reuniu a máis de 120 persoas en fronte do consistorio miñense.

Nos próximos días entregarase ao organismo autonómico a totalidade das firmas recollidas entre as persoas afectadas que sumaron o seu apoio á solicitude.

Desde o goberno local sinalan ‘a importancia de seguir a pelexar por un transporte público por estrada efectivo e de calidade’ e celebran ‘a resposta institucional e dá veciñanza #ante unha situación que afecta a un gran número de persoas’.