Friday 22 de November de 2024

O centro cultural de Sigüeiro acollerá este domingo o espectáculo gratuíto “Os Bolechas na máquina do tempo”


O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este domingo 13 de setembro, ás 18:00 horas, o espectáculo “Os Bolechas na máquina do tempo”. Unha actividade de dinamización lingüística protagonizada polas creacións de Pepe Carreiro que chega a Sigüeiro da man do programa FalaRedes, no que participa o Concello de Oroso. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

“Os Bolechas na máquina do tempo” é un espectáculo para todos os públicos que mestura monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Unha representación que ten unha duración de 60 minutos e cuxos contidos están especialmente adaptados a escolares de infantil e primaria.