Friday 22 de November de 2024

O BNG solicita a apertura ao público do rexistro de Arteixo sen cita previa


Os nacionalistas reclaman que se retome o servizo previo á pandemia, cun rexistro presencial sen necesidade de cita previa.

O BNG de Arteixo solicita ao Concello se restauren todos os servizos públicos sen cita previa como estaban antes da pandemia. En concreto, un dos casos é o do rexistro público que segue a funcionar sen cita de 9 11 horas, pero con servizos limitados para un número concreto de persoas, tendo que chamar despois para pedir cita.

O BNG demanda que se cumpra o 100% do servizo sen atención telefónica e que o Concello de Arteixo retome os horarios. “Non é normal que a xente para rexistrar documentación presencial se teña que desprazar até a cidade da Coruña ou Carballo tendo rexistros no propio concello”, comenta o portavoz Xurxo Couto. “É moita a veciñanza que xa está farta deste tipo de atención e que leva demandando nos últimos meses que se restaure o servizo presencial sen cita previa”, destaca o concelleiro.