Os Xardíns de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal convertéronse na tarde do 18 de xullo nun particular escenario no cal proceder coa presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón. Trátase dunha das actividades programadas dende a Concellaría da Normalización Lingüística para festexa-lo Día da Patria Galega, no 25 de xullo.
O historiador, sociolingüista e poeta repasa nesta obra a represión que sufriu o noso idioma a través de distintos episodios da historia como a Guerra Civil ou cando se lles prohibiu ós escribáns poderen continuar a utiliza-lo galego en 1480.
No acto, que tamén contou coa participación do edil Xabier Santos (BNG), tamén se ofreceron datos curiosos focalizados no caso concreto da localidade e en como a sociedade se mobilizou para reverte-la situación e avanzar así no eido lingüístico.