Friday 22 de November de 2024

Sánchez Bugallo, satisfeito co acordo acadado entre empresa e traballadores que evita a folga de recollida de lixo e limpeza viaria


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa “satisfacción, alivio e agradecemento” polo acordo acadado entre o Comité de Empresa e Urbaser, que pon fin á convocatoria de folga de recollida de lixo e limpeza viaria que estaba previsto que comezase este luns. O rexedor agradeceu o “sentido e a xenerosidade” das dúas partes para acadar un consenso, nun momento sinalou, en plenas festas do Apóstolo, no que unha folga destas características sería “terrible” para a “calidade de vida da veciñanza”, e para “a imaxe da cidade”.

En rolda de prensa, Sánchez Bugallo, destacou ese acordo acadado a última hora, “que posibilitou a convocatoria da folga”, e loou o “esforzo negociador das partes”.

Entre as medidas acadadas está unha única paga de 300 euros para o ano 2021; 400 euros para o 2022, 600 para o 2023, e unha contía xa consolidable de 1.200 euros para o ano 2024. Un acordo por un periodo de catro anos, que o alcalde cualifica de “moi razonable e moi xeneroso por ambas partes”. De chegar a folga, sinala o rexedor, “sería malo para todos”, para a cidadanía, para o persoal e para a empresa.

Ademais, nese principio de acordo, inclúese tamén a xubilación parcial, ata o ano 2025, cun salario do 75%; e a readmisión de dous operarios que xa traballaran na empresa xa hai uns anos.