Friday 22 de November de 2024

Alternativa convoca unha concentración en defensa da Terraza este sábado 23 de xullo


Ante o grave estado de abandono e deterioro no que se atopa o edificio da Terraza, Alternativa dos Veciños convoca a todos os sadenses a unha concentración ante o edificio para reclamar ao Goberno central a súa urxente restauración. O acto está convocado para este sábado 23 de xullo ás 19:00 horas ante o emblemático edificio, un dos grandes símbolos do municipio.

Ata o momento, non existe constancia de que por parte do Concello se realizase xestión algunha. Si se fala de proxectos para mellorar o entorno, pero se continúa a ignorar e esquecer o verdadeiramente importante que é o edificio A Terraza.

Alternativa dos Veciños demanda as obras de restauración sen máis demoras.