Atópanse moi avanzadas as obras de construción da rotonda na confluencia das estradas Iñás-Pravio e San Pedro de Nós-Cecebre. Alternativa dos Veciños demandara en reiteradas ocasións a necesidade de mellorar a seguridade viaria neste punto coa construción dunha rotonda. Atendendo a estas peticións, a Deputación da Coruña contratou a obra por 464.249,65 euros.