Friday 22 de November de 2024

Extinguidos dous pequenos incendios forestais preto de Santa Mariña


Parece que xa están extinguidos os dous incendios que se produciron hoxe a media tarde na zona de Santa Mariña do Monte, un preto de Sabanda e o outro ao pé de do parque eólico Novo, no monte do Seixo, xa en Narón.

Segundo unha primeira estimación (non oficial), en Sabanda -á beira da estrada que vai para o Camiño Arriba- terían ardido arredor de 0,3 hectáreas de eucaliptal e maleza, mentres que no límite con Narón -tamén ao pé da pista- a superficie queimada pasou pouco das 0,6.

A principal hipótese é que foron intencionados, dada a relativa proximidade de ambos lumes, a escasos catro quilómetros en liña recta un do outro, e o feito de fosen case simultáneos.

Nos labores de extinción participaron brigadas e motobombas de Medio Rural, dos GES de Mugardos (non sei se o de Narón) e tamén un veciño cunha cisterna.

Lembramos que está prohibida calquera tipo de queima no exterior e que debemos chamar de inmediato ao 112.