Friday 20 de September de 2024

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros


A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente ser seleccionadas polo Ministerio de Cultura dentro da Campaña María Moliner. O proxecto titúlase “Oleiros un escenario literario”, en alusión ás numerosas actividades de fomento e promoción da lectura organizadas en todas as bibliotecas públicas municipais.

O de Oleiros é un dos proxectos promovidos por bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes nos que se recoñecen as mellores iniciativas de promoción lectora a nivel de todo o Estado. Hai que ter en conta que o Ministerio prioriza especialmente as actividades realizadas en municipios de menos de 25.000 habitantes, para apoiar as zonas máis despoboadas, pero a pesar disto, Oleiros saíu seleccionado.