Friday 22 de November de 2024

O Pleno aproba por unanimidade un expediente de crédito extraordinario por case 5 millóns de euros para financiar distintas actuacións no ámbito rural e urbano


O Pleno comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista

O Pleno do concello de Santiago, reunido en sesión extraordinaria, comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista. Presidido polo alcalde, Xosé Sanchez Bugallo, aprobou por unanimidade o punto 1, relativo ó crédito extraordinario 2022-CREXT-09, por 4.926.503 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2021, que se vai destinar a financiar distintas actuacións no ámbito urbano e no rural. Entre elas as obras de reparación da Praza de Abastos, a reurbanización das rúas Mallou e Nogueira, da contorna de Conxo e do barrio de Sar.

A proposta, realizada polo Grupo de Goberno a través da oficina orzamentaria e de contabilidade e defendida pola concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, contempla que este financiamente se realice con cargo a remanente líquido de tesouraría para gastos xerais (3.322.359,4 euros) e con novos ingresos (1.604.143,6 euros) procedentes do alleamento de Patrimonio Municipal do Solo (PMS). As actuacións contempladas con cargo a este último son:

As obras de reparación da Praza de Abastos: 504.143,6 euros.
A reurbanización das rúas Mallou e Nogueira: 500.000 euros
Melloras e reurbanización da contorna de Conxo: 300.000 euros
Melloras e reurbanización do barrio do Sar: 300.000 euros.
Mentras que con cargo ao resto, 3.322.359,4 euros, son:

-Estudo Porta do Camiño, Alameda e Intermodal: 60.000 euros

-Obras de reparación da Praza de Abastos: 62.359,4 euros.

– Reurbanización das rúas Mallou e Nogueira: 500.000 euros

-Sala de usos múltiples da Rocha: 50.000 euros

-Reurbanización e mellora da accesibilidade no barrio de Vista Alegre: 100.000 euros.

– Mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa dos Vilares: 100.000 euros.

– Terceira base de Basquiños. 350.000 euros.

-Mobiliario do campo da festa do Castiñeiriño: 50.000 euros

-Melloras e reurbanización na contorna de Conxo: 150.000 euros.

– Melloras e reurbanización do barrio do Sar: 150.000 euros.

-Rehabilitación firmes na rúa do Home Santo, rúa do Medio, Rúa de Costa do Vedor e rúa das Fraguas e a súa contorna. 100.000 euros.

-Intervención no cruce de Xeral Pardiñas-República do Salvador: 50.000 euros.

-Rotonda rúa do Hórreo: 50.000 euros.

-Proxecto de humanización do eixo de entrada Sur: rúas do Restollal e de Amor Ruibal: 200.000 euros

-Proxecto de humanización do eixo entrada Norte: rúas do Cruceiro da Coruña e de San Caetano: 200.000 euros.

-Vía verde: 300.000 euros.

-Renovación de parques infantís do barrio do Avío e Alameda: 450.000 euros.

-Mellora do acceso peonil e seguridade viaria da rúa dos Vilares (dirección polígono empresarial do Tambre): 150.000 euros

-Sinaléctica informativa da toponimia do ámbito rural: 250.000 euros.

Como se pode observar, hai actuacións que se financian con cargo aos dous expedientes de crédito. Son:

As obras de reparación da Praza de Abastos, as que se destinaría un total de 566.503 euros.
A reurbanización das rúas Mallou e Nogueira, ás que se destinarían un total de 1.000.000 de euros.
Melloras e reurbanización da contorna de Conxo: ás que se destinarían un total de 450.000 de euros
Melloras e reurbanización do barrio do Sar: ás que se destinarían un total de 450.000 de euros.
Na súa intervención, a concelleira sinalou que non a “enorgullece nada o expediente relativo á tramitación de facturas”, pero, indicou, “estamos traballando arreo para que non se volva a producir”. Marta Abal recordou que “o cambio que supuxo na dinámica do concello a administración electrónica foi enorme”, e que “dende a declaración do estado de alarma, neste concello téñense movilizado mais recursos económicos ca nunca para axudar á reactivación económica da cultura, do turismo, do comercio e do sector empresarial. E aos datos de liquidación do orzamento me remito”, concluiu.

Aparte desta modificación extraordinaria de crédito, tamén se aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista e a abstención do resto da oposición, o expediente de crédito 2022-CREXT-10, por 846.883,28 euros para segundo explico Marta Abal, “facer fronte ao pagamento da sentenza PO/571/2013 emitida en relación coas tarifas de explotación da concesión do recinto feiral de amio, durante o período comprendido entre o 06.06.2011 e o 05.10.2018”.

O alcalde Sánchez Bugallo, interveu na segunda quenda, lembrando que “levamos tres sentenzas tremendas”, ésta, a de Viaqua, e a de Xade, pola non actualizacion das tarifas entre 2011 e 2018. “Non sei quen gobernaba entre 2011 e 2018”, subliñou en tono irónico en referencia ao PP e Compostela Aberta, para a continuación engadir que sumando as tres sentenzas, “dá como cinco millóns de euros máis intereses, polo que imos ir a 7 millóns de euros”.

Tamén se aprobou, no punto tres, cos votos a favor do Grupo Socialista e abstención do resto da oposición, un crédito extraordinario por importe de 603.436,46 euros; destinados ao pago de varias facturas. E tamén saiu adiante, co apoio do PSdeG municipal, a abstención de PP e Compostela Aberta, e o voto en contra do BNG, a proposta relativa ás gratificacións a policía local e bombeiros correspondentes ao último cuadrimestre do ano 2021, pendentes de abonbo. Son, explicou Marta Abal, o importe total ascende á contía de 581.157,26 euros co seguinte desglose:

– Servizo de Seguridade Cidadá e Orde Público: 346.338,08 euros.

– Servizo de Extinción de Incendios: 216.367,89 euros

– Servizos de Administración Xeral: 18.451,29 euros

Explicou tamén as razóns que xustifican o incremento durante o ano 2021 dos servizos realizados fóra da xornada habitual de traballo, como poden ser a posta en marcha da unidade Vioxén; o incremento da vixianza nocturna, unha vez que desapareceron moitas das restricións por mor da pandemia covid-19; a celebración do festival “O Son do Camiño”, que inicialmente non estaba previsto; ou servizos extraordinarios imprevisibles, no caso do persoal de bombeiros.

Na segunda quenda, interveu o alcalde. Sánchez Bugallo referiuse ao “grave problema estrutural en efectivos de policías e bombeiros; que pasaron de 175 efectivos a 128 pola “tasa de reposición de efectivos”. E tamén lembrou que hai un acordo de Xunta de Goberno de Compostela Aberta, no que especifica que ten que haber 9 bombeiros presenciais no parte, e que con 45 efectios en plantilla “isto asegúrase pagando horas extras”. Negou, ademais, que houbese reparo algún. “O que hai son recomendacións. Lembrou que “desde a Lei do 86 non se contemplan as horas extraordinarias”, unha realidade que aínda non se correxiu. “Lean vostedes os reparos do Sergas”, subliñou.