Saturday 16 de November de 2024

Concentración Miguel Ángel Blanco


Achégase esta foto da concentración fronte á Casa do Concello no día no que se cumpren 25 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco pola banda terrorista ETA. Membros do grupo de goberno, persoal do Concello e veciños do municipio gardaron 5 minutos en homenaxe a Miguel Ángel Blanco e a todas as vítimas do terrorismo.

O Concello da Laracha secundou, así, a iniciativa da Federación Española de Municipios y Provincias.