Friday 22 de November de 2024

Dan comezo os cursos de natación do Concello de Boqueixón con 27 nenos/as


Un total de 27 nenos e nenas participan nos cursos de natación organizados polo Concello de Boqueixón, nos niveis de iniciación e perfeccionamento. Unha iniciativa na que participan distribuídos en varios grupos e que terá lugar ata finais do vindeiro mes de agosto.

Dende o Departamento de Deportes sinalan que a través de xogos e actividades de lecer, os nenos e nenas de menor idade avanzan no proceso de familiarización e perda de medo a auga. Así, a través de exercicios de flotación conseguen as habilidades motrices básicas no medio acuático.

Por outra banda, no caso do alumnado de perfeccionamento, aprenden as técnicas dos distintos estilos de natación para mellorar as súas habilidades na auga.