• Estará aberta ao público ata o martes 26 de xullo
• O horario de visita durante o Festival de Ortigueira será de 10h a 14h, mentres que o resto dos días estará dispoñible de 10h a 14h e de 17h a 20h
• A mostra está promovida polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo
• Tamén estará ao dispor dos visitantes a exposición fotográfica “Gaitas, Violíns e outras verbas”
Xa se atopa aberta ao público no claustro do Concello de Ortigueira a exposición “A memoria do son”, destinada a contribuír nos avances e coñecementos da sonoridade instrumental e vogal medievais.
Trátase dunha mostra de instrumentos musicais da época medieval promovida polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRADE) da Excma. Deputación de Lugo.
Tamén estará ao dispor dos visitantes durante eses días na sala de exposicións do Concello, a exposición fotográfica “Gaitas, Violíns e outras verbas”.
Ambas as exposicións serven como complemento ao itinerario cultural do Festival de Ortigueira, que este ano celebra a súa edición máis longa desde o 10 ao 17 de xullo.
O horario de visita durante o festival vai desde as 10h ás 14h, mentres que para o resto de días as mostras estarán abertas ao público de 10h a 14h e de 17h a 20h.