• O sacerdote xubilarase das súas funcións eclesiásticas tras máis de 40 anos exercendo como párroco en Santa María de Miño.
O goberno local de Miño propoñerá o nomeamento do que foi o seu párroco durante os últimos 42 anos, Don Manuel Domingo Castiñeira, como fillo adoptivo da localidade.
O clérigo, ordenado sacerdote no ano 1965, xubilarase das súas funcións eclesiásticas logo de máis de tres décadas exercendo como sacerdote en Santa María de Miño e outras parroquias do concello. Por tal motivo, o executivo miñense levará á próxima sesión plenaria a proposta para concederlle a condecoración de fillo adoptivo de Miño.
O clérigo, moi querido polos veciños e veciñas, xa recibira unha homenaxe no ano 2015 con motivo das súas vodas de ouro sacerdotais e de prata como párroco de Miño, instalándose unha placa conmemorativa na fachada da Igrexa Parroquial de Santa María.
Desde o goberno local sinalan que se trata dun recoñecemento ‘xusto e ben merecido para un home que sempre tendeu a súa man á veciñanza de Miño’ e indican que ‘sempre terá un oco na historia do noso municipio’.