Friday 22 de November de 2024

A Xunta fai entrega de 41 remolques de emerxencias para Agrupacións de Protección Civil das catro provincias galegas


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda resaltou a importancia de que os concellos galegos poidan dispoñer de máis medios que aporten seguridade á cidadanía

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública dun total de 41 remolques de emerxencias para as Agrupacións de Protección Civil de varios concellos galegos das catro provincias.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda resaltou a importancia de que os concellos galegos poidan dispoñer de máis medios que aporten seguridade á cidadanía, polo que a Xunta facilita así aos concellos galegos novos equipamentos para as emerxencias,tan necesarios para garantir a prevención de riscos, dotándoos dun importante equipamento de emerxencias, tanto en cantidade como en calidade, que posibilitará que os concellos galegos sigan a prestar a súa importante labor en favor dos seus veciños, cuns estándares de calidade cada día mellores.

Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, otorgáronse 41 remolques para atención ás emerxencias, e proximamente fará entrega de vehículos todo terreo tipo pick-up, vehículos furgóns para transporte e loxística, embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate; esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo e remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado (en adiante PMA), cun orzamento total que supera os 4 millóns d euros.

Distribución de remolques de emerxencias
Desta volta foron entregados 18 remolques para concellos da provincia de A Coruña, Boqueixón, Cabanas de Bergantiños, Cambre, Cedeira, Cerceda, Coristanco, Fisterra, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muros, Ponteceso, Pontedeume, Rois, Teo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vimianzo,

Para a provincia de Lugo, foron 6 os concellos que recibiron remolque, Burela, A Fonsagrada, Guitiriz, O Incio, Pol, Ribas de Sil. Na provincia de Ourense correspondéronlle a 11 concellos, Amoeiro, Avión, O Barco de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Gomesende, Larouco, Lobios, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Vilariño de Conso
E na provincia de Pontevedra recibiron o novo equipamento para as emerxencias, os concellos de Bueu, Cerdedo, O Grove, A Guarda, Moraña, Pontecesures