Friday 22 de November de 2024

Daniel Casteldom presenta na Pobra o libro Herederos de Caín


O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acubillará no 15 de xullo, ás 20.30 horas, a presentación do libro Herederos de Caín, de Daniel Casteldom.

Organizado pola Concellaría da Cultura, o acto contará coas intervencións do propio autor e da edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Esta novela trata de satiriza-la sociedade na cal vivimos a través duns personaxes que entran no mundo do narcotráfico galego e sofren todo tipo de adversidades froito dos seus actos.

A entrada é libre ata completa-la cabida.