Co obxectivo de darlle un toque lúdico diferente a estes días de verán, a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), organiza a actividade Praia divertida pensada para as crianzas e que contará con inchables, música e moita diversión.
Esta proposta de ocio terá lugar no 14 de xullo, en horario de 17.30 a 20.30 horas, no final dos Areos, dirección a ponte de Santo Antonio.