Os días 15, 16 e 17 de xullo, terá lugar unha nova edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, música infantil…, que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
Venres 15
Circo: Circo Chosco (ás 20:00 h, no Parque José Martí)
Concerto: Ortiga (ás 21:30 h, na praza Afundida de Sta. Cristina)
Sábado 16
Circo: La Tropupe Malabó (ás 20:00 h, na praza Esther Pita)
Circo: Wilbur (ás 21:30 h, praza do Castelo en Sta. Cruz)
Domingo 17
Música infantil: Migallas (ás 12:30 h, miradoiro de Santa Ana en Mera)
Danza contemporánea: Entremans, Marcia Vázquez Ramírez e Janet Novas (ás 21:00 h, no parque José Martí)