Saturday 16 de November de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará o luns e o martes da vindeira semana na cidade


Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro luns, día 18, á cidade. O vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións da Praza da Constitución, no barrio da Solaina, donde estará operativo de 15.30 a 21.00 horas, tal e como avanzaron dende ADOS.

Na xornada do martes 19 a unidade móbil permanecerá estacionada xunto ao novo centro de saúde en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.