A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia programou unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será mañá ás 10.30 horas e durante a mesma falarase sobre “Os dereitos das persoas consumidoras durante o verán”.
Para poder participar na convocatoria é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de virtual e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.