Friday 22 de November de 2024

O Concello licita as obras de renovación da rede de abastecemento e do firme en Outeiro, Sombreu


• A actuación, financiada a través dun convenio coa Deputación dá Coruña, permitirá substituir un tramo da rede xeral do municipio que conta cunha antigüidade superior a 40 anos e que require dunha renovación.

• As obras inclúen a execución dunha nova rede e a renovación total do pavimento nos tramos onde levarán a cabo os traballos.

• O prazo de presentación de ofertas finaliza o 2 de agosto.

O Concello de Miño publicou no perfil do contratante municipal a licitación das obras de renovación da rede de abastecemento e do firme en Outeiro, Sombreu, que contan cun orzamento de 200.377,84 euros e están financiadas a través dun convenio coa Deputación dá Coruña.

A actuación permitirá substituir un tramo da rede xeral do municipio que, ao ter unha antigüidade superior a 40 anos, sofre roturas todos os anos, case sempre na época de verán, e require dunha renovación urxente.

As obras para levar a cabo inclúen a substitución da rede actual de fibrocemento por unha de fundición e a renovación total do pavimento nos tramos onde levarán a cabo as obras. O prazo de execución estímase en dous meses desde o inicio dos traballos e o prazo de presentación de ofertas ao proceso de licitación finaliza o 2 de agosto.