Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso organiza un curso básico de DJ dirixido a maiores de 14 anos


O Concello de Oroso organiza un curso básico de DJ dirixido a maiores de 14 anos e que terá lugar as tardes dos venres de outubro, novembro e decembro na Aula de Xuventude de Oroso en horario de 19:00 a 20:30 horas. Un curso dirixido a aqueles mozos e mozas orosáns que desexen iniciarse na arte das mesturas a través do uso do vinilo, a mesa DJ e o PC.

O prezo do curso é de 15 euros por mes para veciños e veciñas empadroados no Concello de Oroso. O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 18 de setembro no Centro Cultural de Sigüeiro ou no 981 690 903.

Durante o curso, os alumnos e alumnas aprenderán unha serie de fundamentos musicais que os axudarán a comprender a estrutura e o ritmo das cancións, así como o manexo da mesa DJ e do software informático básico para realizar as súas propias mesturas. As clases serán eminentemente prácticas, xa que o alumnado traballará coa mesa DJ de mesturas e controladores.