O Concello de Oleiros adxudicou por importe de 2,9 millóns de euros a obra de creación dun paseo fluvial de 4 km que irá desde Iñás ata O Seixal. Ademais dunha senda para peóns e ciclistas paralela ao río, crearanse 3 amplas áreas de acceso dotadas de diferentes servizos.
Esta importante actuación de protección do medio ambiente e de mellora da mobilidade e da seguridade viaria non recibirá financiación dos fondos europeos Next Generation. Aínda que cumpre de cheo cos criterios establecidos para o reparto deses cartos, o Goberno central excluíu da convocatoria aos concellos galegos de entre 20.000 e 50.000 habitantes.