As veciñas que participan no curso de fruticultura ecolóxica organizado polo Concello de Lousame realizaron unha visita a dúas explotacións de Aranga e de Bergondo para coñecer os seus sistemas produtivos de mazá de mesa e de mazá de sida en ecolóxico. Durante a visita, as alumnas de Lousame puideron coñecer de primeira man a aplicación práctica dos coñecementos que adquiriron ao longo deste curso, de 25 horas de duración. Un curso gratuíto e incluído dentro do Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.