Friday 22 de November de 2024

As mulleres participantes no programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón visitan o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla


As mulleres participantes no programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón realizaron unha saída ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra). Unha visita na que estiveron acompañadas pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Seijo, e pola educadora familiar e coordinadora do programa, María Pereira.

A expedición estivo guiada por José Piso, coñecedor desta paraxe natural, que as guiou polo paseo das oliveiras, o viveiro das camelias, os xardíns do Pazo… Un percorrido no que desfrutaron dun bosque de estilo inglés (con estanques, cenadores, plantación abrupta sen apenas flores) e dun bosque de estilo francés (baseando nun principio xeométrico e acotado, cunha orde decorativa moi marcada na que as flores e os setos toman gran protagonismo).

“Desfrutamos da paisaxe e da exposición histórica dos primeiros moradores do pazo e os seus descendentes. Coñecemos aspectos peculiares como a diversidade das plantas de todo o mundo, gracias á petición de sementes do tío Iván ás persoas que coñecera na súa estancia en Inglaterra ou o uso e destino da plantación das camelias”, explica María Pereira.

A segunda parte da saída tivo lugar na área recreativa das illas de Gres, xunto o río Ulla, onde a expedición desfrutou dunha comida campestre aproveitando o bo tempo.