Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame alerta sobre un intento de estafa por parte de dúas persoas se fan pasar por traballadores dunha compañía eléctrica para ofrecer un bono social


O Concello de Lousame alertan sobre un intento de estafa por parte de dúas persoas que se fan pasar por traballadores dunha compañía eléctrica para ofrecerlles aos veciños e veciñas un bono social con motivo da situación dos prezos do mercado actual. Dende o Concello de Lousame recomendamos que non se facilite ningún dato, nin persoal nin bancario, e que se denuncien os feitos ás forzas de seguridade.

O Concello de Lousame ten constancia dun intento de estafa que tivo lugar esta semana na que dous falsos comerciais dunha compañía eléctrica se dirixiron a persoas maiores do municipio para tentar obter os seus datos bancarios e contrasinais de acceso. Diante desta situación, recomenda comprobar sempre a veracidade da identidade das persoas coa empresa de luz ou gas e non facilitar ningún tipo de información sensible. E, ante calquera dúbida ou sospeita, o Concello de Lousame aconsella chamar á Garda Civil ou poñerse en contacto co propio Concello (981 82 04 94).