Saturday 16 de November de 2024

Catro equipos de Barbanza Arousa enfrontaranse para alzarse coa vitoria do cuadrangular de pádel


A Pobra do Caramiñal vivirá unha intensa fin de semana deportiva co cuadrangular comarcal de pádel. Catro equipos que representan os concellos de Barbanza Arousa enfrontaranse para acadar o triunfo nunha competición que se desenvolverá nos días 9 e 10 de xullo nas instalacións de Máisquepadel, entidade organizadora coa colaboración da Concellaría dos Deportes.

A edil dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ana Romero; e Andrés Domínguez, en representación do referido organismo impulsor; avanzaron a configuración de cada equipo, que consta de dez xogadores seleccionados polo capitán de cada municipio. A concelleira puxo de manifesto o crecemento exponencial do pádel nos últimos tempos, converténdose “nun gran dinamizador da vida deportiva no noso pobo.”

En representación da Pobra do Caramiñal daranse cita Manel Vilasó, Ángel Míguez, Sergio Ferrol, José Antonio Lapido, Samuel Seoane, Ina, Diego Villasanta, Andrés Santiago, José Vázquez e José Míguez.

Por Ribeira irán Carlos Andrés Santiago, David García, Álvaro Fernández, Sergio Pérez, Denís Martís, Alberto Cadórniga, Alejandro Pérez, Daniel Sobrido, Antonio García e Miguel Vázquez.

No que respecta a Boiro estarán presentes Miguel Chouza, Jesús Sánchez, Adelino Chouza, Iván Bello, José Moure, Antón Fernández, Miguel Martínez, Pablo Pouso, Adán Santos e Francisco González.

E, por Rianxo, participarán Francisco José Lorenzo, Marcos Otero, Daniel Galván, Tomás Iglesias, Sergio Castelo, Serafín Rial, Anxo Figueira, Carlos Mirón, Juan Ramón Rial e Juan Romero.

A xornada do sábado 9 iniciarase ás 10.00 horas co primeiro dos cinco partidos entre A Pobra e Ribeira para, xa pola tarde, das 17.00 horas en diante, dar paso a Boiro e Rianxo. O equipo vencedor de cada quenda enfrontarase na final que se disputará no domingo 10, a partir das 10.00 horas, da cal sairá o gañador a quen se lle entregarán un total de dez trofeos, un por xogador.