― Gonzalo Trenor e Susana López Abella informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
― Destínanse máis de 220.000 euros aos Centros de Información á Muller da laracha, Carballo, Cee, Muxía e Zas
delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a secretaria xeral da Igualdade. Susana López Abella, informaron hoxe do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero e para apoiar a conciliación e os Centros de información á Muller. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte esta cifra ascende a algo máis de 293.000 euros para atender as demandas de 10 concellos.
Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia, nesta área, actuacións de dous programas: (1) fomento da conciliación;; (2) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM)
O primeiro dos programas conta para os concellos de Bergantiños-Costa da Morte con máis de 72.000 euros cos que se apoian iniciativas de 5 entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.
A segunda liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a 10 concellos situados na Laracha, Carballo, Cee, Muxía e Zas. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 220.000 euros aos concellos da área de Bergantiños-Costa da Morte.
Provincia Coruña
A secretaria xeral destacou que resolución das axudas a concellos e outras entidades locais reservan en total máis de 1,9 millóns de euros aos concellos da provincia da Coruña para potenciar a conciliación e a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero , así como apoiar aos CIM
Concretamente, se reservan máis de 1,2 millóns euros a 29 Centros de Información á Muller da provincia coruñesa, máis de 520.000 euros ao fomento da conciliación en 36 municipios coruñeses e case 100.000 euros á promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención e tratamento da violencia de xénero dos que se beneficiarán sete concellos da provincia.
Entidade local | Concellos agrupados | CIM – TOTAL (ANUALIDADES 2022 e 2023) |
CONCILIACIÓN | TOTAL AXUDA CONCEDIDA ENTIDADE |
A Laracha | 39.692,13 € | 39.692,13 € | ||
Carballo | Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso | 58.000,00 € | 58.000,00 € | |
Cee | Corcubión, Fisterra | 42.011,61 € | 16.158,73 € | 58.170,34 € |
Corcubión | 13.447,71 € | 13.447,71 € | ||
Fisterra | 9.600,00 € | 9.600,00 € | ||
Muxía | 43.657,76 € | 43.657,76 € | ||
Ponteceso | 16.038,00 € | 16.038,00 € | ||
Vimianzo | 16.917,46 € | 16.917,46 € | ||
Zas | 37.496,22 € | 37.496,22 € | ||
TOTAL | 220.857,72 € | 72.161,90 € | 293.019,62 € |