― Gonzalo Trenor e Susana López Abella informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
― Destínanse máis de 219.000 euros aos Centros de Información á Muller de Boiro, Muros, Noia, Outes e Ribeira
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a secretaria xeral da Igualdade. Susana López Abella, informaron hoxe do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero e para apoiar a conciliación e os Centros de información á Muller. Na comarca do Barbanza esta cifra ascende a algo máis de 320.000 euros para atender as demandas de 9 concellos.
Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de tres programas: (1) fomento da conciliación; (2) promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; (3) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM)
O primeiro dos programas conta para os concellos da comarca do Barbanza con máis de 87.000 euros cos que se apoian iniciativas de 5 entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.
A segunda liña, con 15.000 euros, céntrase na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero no concello da Pobra do Caramiñal. Coa mesma a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.
A terceira liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a sete concellos situados en Boiro, Muros, Noia, Outes e Ribeira. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 219.000 euros aos concellos da área do Barbanza.
Provincia Coruña
A secretaria xeral destacou que resolución das axudas a concellos e outras entidades locais reservan en total máis de 1,9 millóns de euros aos concellos da provincia da Coruña para potenciar a conciliación e a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero , así como apoiar aos CIM
Concretamente, se reservan máis de 1,2 millóns euros a 29 Centros de Información á Muller da provincia coruñesa, máis de 520.000 euros ao fomento da conciliación en 36 municipios coruñeses e case 100.000 euros á promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención e tratamento da violencia de xénero dos que se beneficiarán sete concellos da provincia.