A actividade forma parte da programación do Centro de Interpretación do Medio Mariño no marco do programa Cabanas Mar
O Concello de Cabanas, a través do Centro de Interpretación do Medio Mariño, organiza un novo roteiro interpretativo para dar a coñecer o patrimonio mariñeiro de Cabanas, que inclúe unha visita a Pico Castro para observar a magnitude das rías de Ares e Ferrol.
O roteiro, duns 7 quilómetros, desenvólvese por varios puntos de grande valor paisaxístico, desde onde as participantes poderán observar grande parte do Golfo Ártabro, así como tamén a desembocadura do río Eume. A súa dificultade é baixa, e terá como punto de encontro o Centro de Interpretación do Medio Mariño ás 9.30 do sábado 16 de xullo.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente, para o que deberán indicar o seu nome completo, DNI e teléfono de contacto a través do correo electrónico cimm@cimmcabanas.gal ou no teléfono 674 357 478.
A actividade forma parte do proxecto Cabanas Mar, impulsado pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas, e conta con financiamento FEMP a través do GALP Golfo Ártabro Norte.