Saturday 16 de November de 2024

Camariñas destina 25.000 euros para facer diferentes melloras na ETAP da Ponte do Porto


· A Estación de Tratamento de Auga Potable é moi antiga e presenta certas deficiencias, a solucionar.

· Repararanse as fugas de aire, instalarase un novo motorredutor, pintaranse e impermeabilizaranse as paredes da sala de reactivos, instalarase un novo sistema de dosificación de reactivas e reporanse dous depósitos.

O Concello de Camariñas elaborou un proxecto, que conta cun orzamento total de 25.607,64 euros, para levar a cabo unha serie de melloras necesarias na Estación de Tratamento de Auga Potable situada en Ponte do Porto.

A ETAP é moi antiga e presenta unha serie de deficiencias que o goberno local quere solucionar canto antes xa que desde esta estación sérvese auga a todo o municipio. A obra está finánciaa a Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Así, os traballos que se levarán a cabo inclúe a reparación das fugas no circuíto de aire, do decantador e das válculas automáticas, o pintado das paredes e a impermeabilización do solo da sala de reactivos, a instalación dun novo sistema de dosificación de reactivos e a reposición dos depósitos en mal estado por outros novos.

O prazo estimado de duración das obras desde o seu inicio é de 12 semanas.