O curso de recepción e procesamento de peixes e mariscos comezou no 4 de xullo na Pobra do Caramiñal coa participación dun total de 11 persoas que foron recibidas pola concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG).
Esta é a segunda acción do itinerario formativo teórico-práctico impulsado pola Concellaría do Desenvolvemento Local e a FSC Inserta, co cofinanciamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo, e que rematará coa formación sobre manipulación de cargas con carretas elevadoras, traspalés e de man que se desenvolverá a partir de setembro.
O prazo para anotarse neste último curso aínda permanece aberto e a matrícula débese formalizar mediante o teléfono de contacto 981554483 ou o Servizo de Orientación Laboral do Concello, que tamén se habilita para solicitar información. As persoas aspirantes deberán estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior a un 33% ou ter recoñecida a incapacidade por profesión habitual.