A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións ás asociación As Eiroas, CCA e Axober
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión ordinaria de hoxe a concesión de subvencións a entidades empresariais para o desenvolvemento da súa actividade ao longo deste ano. A Concellería de Promoción Económica realizará unha achega total de 70.000 euros, que se reparten do seguinte xeito:
Centro Comercial Aberto (CCA): 29.166,67 euros para o financiamento da unidade xerencial e as campañas de promoción comercial e fidelización da clientela.
Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober): 23.333,33 euros para programas de difusión, formación, promoción e apoio ao tecido empresarial local, Berocasión y Axober Work Party.
Asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do Polígono de Bértoa: 17.500 euros para a I Feira do Emprego e a Formación do Polígono de Carballo.
En todos os casos, o Concello de Carballo achegará o 80% do orzamento solicitado.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a concesión dunha subvención de 6.000 euros á Escola Basket Xiria para o Día do Pequebasket e outra de 8.000 ás Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz para o XVI Torneo F7 alevín Concello de Carballo.
Na sesión de hoxe tamén se deu conta da concesión de varias subvencións ao Concello de Carballo por parte de distintos departamentos autonómicos: 31.335,88 euros para a limpeza de praias, 46.035 para o fomento da prevención, reutilización e recollida de residuos, e 58.000 para o Centro de Información á Muller (CIM).
Ademais foron aprobadas facturas de gasto por importe de 50.875,75 euros.