Representantes de Alternativa dos Veciños de Arteixo reuníronse esta mañá co xefe da Demarcación de Costas na Coruña, Rafael Eimil, para trasladar diversos asuntos de interese para o municipio.
En canto á limpeza da ría de Barrañán, Rafael Eimil afirmou que debe ser o Concello quen realice os traballos. Por parte da Demarcación de Costas non se vai poñer ningún impedimento.
Referente ao recheo de area nos areais afectados pola construción do Porto Exterior, informou que Costas colabora en todo o necesario coa Autoridade Portuaria, que é quen ten que executar os traballos, e que ten permiso para facer o recheo na praia de Area Grande de Suevos. A retirada das pedras está descartada polos técnicos.