Saturday 16 de November de 2024

Concertos todos os xoves de xullo nas Torres de Santa Cruz


Este xoves comezará o micro festival musical As Tardes do Alfar, que ofrecerá concertos gratuítos todos os xoves de xullo. A primeiras actuacións será as de Black Blue, ás 18:30 horas, e Peña , ás 20:30 horas. A xornada completarase cunha visita guiada polo museo e un obradoiro de torno.

As seguintes actuacións serán as de Super Glu, Anothed Waster Year e Moura. As Tardes do Alfar nace como escaparate para os grupos de música local, buscando completar a ofertas de actividades culturais para a mocidade do Concello.