A Pobra do Caramiñal vivirá no 9 de xullo unha xornada na que se unirán deporte e solidariedade co gallo da I Carreira Solidaria Móvete Pola Diabetes que, polo de momento, xa leva máis de 110 persoas anotadas. Trátase dunha proba a favor a favor da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) que se organiza xunto coas Concellarías dos Deportes e da Sanidade, ademais da Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo.
A cita arrancará a partir das 20.00 horas e comprende as categorías dende a sub-6 ata a máster 6, que deberán completa-la distancia que lles corresponda segundo a modalidade. O circuíto habilitarase no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial.
A saída establécese na rúa Fernández Albor e a meta no interior da referida praza, onde, coa colaboración de varias entidades, se desenvolverán de xeito paralelo diversas actividades.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 6 de xullo a través da páxina web https://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-carreira-solidaria-m-vete-pola-diabetes/2d53e786-828a-952a-076b-3a0479d4c001?fbclid=IwAR1kSlluJNBoLM-DJ_EGbdk4ZvYyWnNr55ReREDOur9JVTCWiOWXwu1vKd0. A cota é de balde para as categorías menores e cun prezo de 6 euros para as adultas. Tamén se dispón do dorsal 0, para quen non poida participar, pero desexe igualmente face-lo seu donativo.