lternativa dos Veciños de Arteixo denuncia o abandono do Goberno Municipal as persoas maiores e dependentes que como consecuencia da escaseza de prazas en residencias e a pésima xestión do servizo de axuda no fogar, están a provocar graves dificultades a estas persoas e ás súas familias. Alternativa dos Veciños, propuxo desde o primeiro momento, que no edificio do Balneario, que xa é de titularidade municipal, grazas a unha a doazón da Fundación Amancio Ortega, debíase crear unha residencia de persoas maiores.
Ante a negativa do equipo de goberno en crear unha residencia de persoas maiores no edificio do Balneario e, atendendo a necesidade existente e urxente de contar con prazas en residencias para persoas maiores, Alternativa dos Veciños solicitou en reiteradas ocasións ao Goberno Municipal, que negocie coa Xunta a cesión das prazas que xestiona na residencia de maiores, para que o Concello de Arteixo poidan dobrar o número de prazas actuais e poida xestionar a totalidade da residencia.
Na actualidade, o municipio de Arteixo só dispón dunha residencia para persoas maiores con unicamente 64 prazas, a cal tamén foi construída pola Fundación Amancio Ortega e logo cedida á Xunta de Galicia. Destas 64 prazas, só as 32 que son xestionadas polo concello están reservadas para veciños do municipio. As outras 32 restantes son xestionadas pola Xunta de Galicia, nas cales a veciñanza de Arteixo non ten ningunha prioridade.
“A diario contáctannos familias desesperadas como consecuencia desta situación, xa que é imposible que a curto ou medio prazo unha persoa maior poida solicitar unha praza na residencia de Arteixo e o mesmo sucede en case a totalidade da residencia da Xunta de Galicia. a desesperación destas persoas e as súas familias, aumenta coa pésima e nefasta que fai o Goberno Municipal co servizo de axuda no fogar, onde hai persoas que levan case un ano esperando a que présteselles este servizo.
Temos un caso moi recente dunha familia da parroquia de Lañas, que se atopa desesperada por esta situación. Teñen a unha persoa maior na casa que é totalmente dependente e levan case un ano esperando por unha praza en residencia e, tamén o mesmo tempo de espera sen que o concello lles conceda o servizo de axuda no fogar” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.
“Desde Alternativa dos Veciños levamos mais de tres anos solicitando en reiteradas ocasións ao Goberno Municipal, que solicite á Xunta de Galicia a cesión das prazas que xestiona na residencia de maiores, para que o concello poida dobrar o numero de prazas actuais e poida xestionar a totalidade da residencia. Pero a realidade é moi dura e difícil de comprender, xa que nin tan sequera foron quen de presentar esta solicitude #ante a Xunta de Galicia.
Os nosos maiores están a ter que pasar a última etapa da súa vida lonxe de Arteixo e, en moitas ocasións, mesmo se teñen que trasladar a fóra da provincia ou da comunidade autónoma.
Non se pode presumir de ser un concello cun forte potencial económico e logo deixar abandonados aos nosos maiores. O equipo de goberno debe demostrar que lle interesa a calidade de vida de todos os veciños e veciñas e, debe preocuparse e traballar para que as persoas maiores poidan pasar a última etapa da súa vida nas mellores condicións posibles e no seu municipio, en Arteixo” matiza Noelia Martínez.