Saturday 16 de November de 2024

O Programa “Coidados Porta a Porta” estará na Laracha do 2 ao 5 de agosto


Os interesados en beneficiarse desta iniciativa da Consellería de Política Social deben reservar cita previa gratuíta por teléfono ou correo electrónico.

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta estará na praza Olonne sur Mer da Laracha desde o día 2 e ata o 5 de agosto en horario de 9:00 a 20:00 horas.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos e previr a dependencia nese grupo de idade.

Para pasar consulta gratuíta é preciso solicitar cita previa, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

O programa Coidados porta a porta iniciouse a finais do pasado mes de marzo e está a percorrer todos os municipios galegos agás os das sete cidades. A previsión é chegar a atender a 100.000 persoas.

Pode ampliarse información sobre o programa nesta ligazón: https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/coidados-porta-porta