O Concello de Touro traballa nas labores de desbroce e limpeza de maleza de estradas, pistas es camiños de titulariade municipal. Como cada ano o Concello de Touro desenvolve a campaña de acondicionamento das cunetas e pendentes laterais das vías de comunicación, que comezou a finais do pasado mes de desde de marzo e chega ata finais do mes de setembro. Para a realización da roza das pistas e estradas de competencia municipal o Concello de Touro utiliza dous tratores, que tamén traballan na limpeza da maleza nas áreas recreativas, parque e zonas de lecer.