Friday 22 de November de 2024

A Concellaría de Educación destina preto de 300.000 euros ao Plan de Obras de verán nas escolas infantís e colexios de primaria da cidade


O concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou a Plan de Obras que está previsto acometer durante a tempada de verán en distintos colexios públicos de Santiago. Son un total de 69 actuacións de conservación, reparación e pequena reforma, que afectarán a 19 centros e que contan cun orzamento de 294.312 euros.

O concelleiro Rubén Prol deu conta en rolda da prensa do conxunto de obras que se levará a cabo nos centro educativos do municipio durante os meses de verán e que cubrirá “diversas actuacións de mantemento e adaptación das instalacións para garantir a condición de seguridade e benestar nos centros”.

O edil de Educación explicou que as partidas máis elevadas son as destinadas aos centros Pío XII, por un importe de 47.079, 95 euros; ao CEIP Vite, por 39.296,35 euros; ao CEIP Roxos-Villestro, 22.692,69 euros, ao CEIP Apóstolo Santiago, por valor de 35.328,75 euros, e ao CEIP Fontiñas, dun total de 36.290,55 euros.

Rubén Prol tamén quixo reiterar o “compromiso do Concello por manter todos os centros e non descoidar as instalacións, estean situadas na zona urbana ou no rural”. Así, a Concellería de Educación, en colaboración coa Concellería de Obras e outros departamentos municipais, executan ao longo do ano unha serie de obras ordinarias que se complementan nos períodos nos lectivos con intervencións de máis profundidade para garantir a correcta conservación, reparación e mantemento do total de 25 centros que dependen do Concello. Este total engloba
3 escolas rurais, 13 centros de educación infantil e primaria de carácter público, 6 escolas infantís municipais, 1 escola municipal de música e 1 ludoteca.

Actuacións programadas
O proxecto contempla as seguintes intervencións para este verán:

1. EI San Roque: substitución do linóleo do baño de crianzas. 1.156,79 euros.
2. EI do Tambre: instalación da tarima en varias aulas e dun cristal roto na fachada. 13.773,76 euros.
3. EEI Trasparlamento: repintado de zonas afectadas pola humidade.
4. EIM Fontiñas: arranxo de linóleos rotos ou deteriorados e substitución de fiestras. 2.037,16 euros.
5. EIM Meixonfrío-Salgueiriños: instalación dun novo valado no fondo da pista deportiva, arranxo de fendas e pintado exterior e interior. 5.252,64 euros.
6. ER Bispo Teodomiro: pintado do interior e das fachadas, substitución das fiestras, e mellora da calefacción. 22.021,24 euros
7. Escola Rural de Rial-Laraño: limpeza e pintado da fachada principal. 1.621,81 euros.
8. CEIP Apóstolo Santiago: pintado de radiadores, portas, do salón de actos e o comedor; división dos inodoros do comedor; limpeza e arranxo dos canlóns e baixantes e os desaugues; e asfaltado do acceso lateral do centro. 35.328,75 euros.
9. CEIP Arquitecto Casas Novoa: pintado da fachada, escaleiras, corredores e no cerramento exterior frontal; substitución dos rodamentos das follas das fiestras; e enfuscado do muro perimetral. 21.713,912 euros.
10. CEIP Cardenal Quiroga Palacios: pintado das aulas e substitución dos canlóns e das tapas de aluminio da parede do pavillón do patio. 11.573,31 euros.
11. CEIP Fontiñas: pintado das portas e paramentos de escaleiras; limpeza e pintado das cúpulas de fachadas dos edificios de infantil e educación primaria e tamén das fachadas do patio cuberto. Tamén se procederá ao arranxo do linóleo do hall de entrada, e das beirarrúas situadas na fachada do patio cuberto. 36.290,55 euros.
12. CEIP Lamas de Abade: eliminación dunha poza de auga que se forma a carón da porta cara o pavillón. 1.398,81 euros.
13. CEIP López Ferreiro: pintado das aulas de infantil, comedores e do túnel da entrada principal, e reparación dos desconchados. 15.092,68 euros.
14. CEIP Mestre Rodríguez Xixirei: eliminación do parque infantil e pintado da porta de entrada á nova biblioteca. 4.609,98 euros.
15. CEIP Pío XII: pintado interior e das columnas do polideportivo, mellora do sistema de recollida de augas na saída do patio novo e nas escaleiras, arranxo dos canlóns, e substitución dous lucernarios rotos. 47.079,95 euros.
16. CEIP Raiña Fabiola: substitución da malla rota da pista de xogo; pintado da aula de música, do comedor e da parte superior do ximansio; e a marcaxe das pistas de balonmán, fútbol e baloncesto na pista exterior. 8.526,82 euros.
17. CEIP Ramón Cabanillas: pintado da zona de administración, corredores e despachos; e habilitación dun camiño desde o patio de infantil ao cancelo de entrada. 4.845,3 euros.
18. CEIP Roxos-Villestro: retirada do aramio entre o patio de primaria e o espazo da horta, así como do muro que queda fronte ás escaleiras do comedor; pintado do muro do parque de infantil con pintura de pizarra; prolongación da varanda do patio infantil e reforzamento da de acceso ao comedor no patio cuberto; e substitución do valado posterior do centro. Tamén se procederá ao arranxo e pintado de aulas de primaria, do comedor, das columnas e fachada da entrada ao centro e da varanda que separa o pavillón. 22.692,69 euros.
19. CEIP Vite: limpeza dos muros do patio e a limpeza e pintado das pistas deportivas exteriores. Pintado das paredes en secretaría, dirección, no corredor do primeiro andar, o segundo e terceiro andar e o muro do aparcadoiro. Realización dunha apertura de acceso á horta para cadeira de rodas, e o vernizado das mesas exteriores do horto escolar. 39.296,35 euros.