O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.
Os concertos celebraranse as noites dos sábados durante os meses de xullo (de 20:30 a 22:30) e agosto (de 20:00 a 22:00). Participarán diferentes grupos de estilos moi variados que darán ambiente ás terrazas con música jazz, salsa, blues, rumba, pop, flamenco…
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán. En total haberá 32 actuacións para atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.
Este sábado comezan as actuacións cos concertos de Rockson en Santa Cruz (praza do Castelo), Alda Varez & Richi Ponce en Santa Cristina (praza Afundida), Dr Snob tamén en Santa Cristina (zona La Encina) e 3 camioneros en Mera (praza Ana Kiro).