Friday 22 de November de 2024

Alternativa pregunta polas posibles reducións das persoas aboadas ao Complexo Deportivo Municipal


Tras a confirmación definitiva de que a piscina municipal estival situada no Temple deixará de existir, Alternativa cuestiona se as tarifas das persoas aboadas deberían reducirse, ao eliminarse tamén un dos servizos que se ofertan.

“A veciñanza está a pagar por unha serie de servizos, entendemos se eses servizos diminúen, en consecuencia tamén o deberían facer as cotas de abono aos mesmos”, afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.

Alternativa achegou estas queixas ao Goberno municipal, esixindo que se adopten medidas para solucionar a situación.