Friday 22 de November de 2024

O Concello programa 19 roteiros de sendeirismo gratuítas para o verán


• A primeira é o mércores 6 de xullo e a última o sábado 17 de setembro.

• As reservas deben formalizarse na oficina de turismo ou no teléfono 981 422 089.

 

O Concello de Ortigueira deseñou un programa de roteiros de sendeirismo para o verán que inclúe 19 saídas a realizar durante os meses de xullo, agosto e setembro. A participación nas saídas é gratuíta, só é necesario reservar praza na oficina de turismo ou no teléfono 981 422 089.

A primeira saída está prevista para o mércores 6 de xullo, co roteiro dás Lendas dá Faladora, e a última levará a cabo o sábado 17 de setembro, a través dos cantís de Loiba a Esteiro. O calendario deseñado polo departamento de Turismo inclúe itinerarios como: roteiro do río Mera, roteiro do Casón, ou a dos cantís de Espasante a Céltigos.