Friday 22 de November de 2024

A música encherá as rúas e prazas da Pobra ao ritmo do Sons da Vila


Un total de 15 concertos farán vibrar diversos espazos da Pobra do Caramiñal nunha nova edición do Sons da Vila que se desenvolverá dende xullo a setembro. Trátase dunha proposta que busca proporcionarlle visibilidade a grupos locais de diferentes estilos ao tempo que se dinamizan as contornas das terrazas dos establecementos hostaleiros tal e como deron a coñecer o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e Ricardo Boo, en representación da produtora Silencio Roto.

O cartel conta no mes de xullo coas actuacións de The Cuncas (día 7, praza de Maura); Os Liantes (día 8, O Castelo); Mad Martin Trío (día 10, praia da Illa); Adolfo FH (día 13, Xardíns de Valle-Inclán); Concierto Descaro (día 14, praza Victoriano García Martí); Rockolas (día 15, praza de Maura); Sabela King & The Hearthbreakers (día 20, paseo dos Areos); Boomërs (día 29, Xardíns de Valle-Inclán); e Human (día 31, Cantón da Leña).

A música proseguirá no mes de agosto ao ritmo de Mar Davila Trío (día 3, Xardíns de Valle-Inclán), Culpables (día 4, praza Victoriano García Martí); Caras B (día 5, praza de Maura); Leite con jalletas (día 11, rúa Rafael Calleja) e Os Bar Ban Sónicos (día 26, Xardíns de Valle-Inclán).

E o tributo a Metallica ofrecido por Stoned At Pompeii porá o broche final a este evento no mes de setembro (día 1, praza Paulino Santos), que servirá á súa vez como preparty do festival Entrebateas.

Estas sesións musicais arrancarán ás 21.00 horas, agás nas xornadas do 10 e 20 de xuño que será ás 20.00 e 13.00 horas, respectivamente.